Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

“ADICAE alerta: o custo da vida dispara a desigualdade de xénero – mobilízate este 8 de marzo”

8 marzo | 00:00 - 23:30

MANIFIESTO 8M_ADICAE

As mulleres consumidoras sofren con maior intensidade o encarecemento da vida en Galicia

 

Con motivo do Día Internacional da Muller, desde ADICAE Galicia poñemos o foco na situación das mulleres consumidoras fronte ao encarecemento do custo da vida.

 

A suba dos prezos da enerxía, da vivenda e dos produtos básicos impacta especialmente nun colectivo que, en moitos casos, parte dunha posición económica máis vulnerable debido á fenda salarial, á maior precariedade laboral e á maior responsabilidade na xestión da economía doméstica.

 

Aínda que a inflación en Galicia se moderou nos últimos meses —situándose arredor do 2,6 %—, os maiores incrementos concéntranse nos gastos básicos do fogar. Destacan especialmente as subas no grupo de vivenda, electricidade, gas e outros combustibles, así como no custo de produtos esenciais da cesta da compra, o que reduce a capacidade de aforro das familias.

 

Tal e como recollemos no Manifesto do 8M de ADICAE (adxunto), a desigualdade económica entre mulleres e homes tamén se manifesta no acceso ao crédito, na estabilidade laboral e na capacidade para afrontar o custo da vida. Nun contexto de inflación e encarecemento dos bens básicos, a presión sobre a economía doméstica increméntase e pode aumentar o risco de dependencia económica ou sobreendeudamento.

 

Desde ADICAE defendemos que a igualdade real tamén debe garantirse no ámbito do consumo e da economía cotiá. Por iso, reclamamos que as políticas públicas incorporen unha perspectiva de xénero tamén neste ámbito, reforzando a transparencia nos prezos de bens esenciais como a enerxía e a vivenda, combatendo prácticas abusivas no ámbito financeiro e impulsando a educación financeira desde idades temperás para fortalecer a autonomía económica das mulleres.

 

A nosa asociación súmase ás mobilizacións do 8 de marzo, destacando o papel das mulleres consumidoras organizadas como motor de cambio para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

 

Convocatoria de mobilizacións 8M – ADICAE Galicia

A Coruña
🕔 17:45
📍 Punto de encontro: Entrada Banco Santander (Cantón Pequeño, 1)

Vigo
🕦 11:45
📍 Punto de encontro: Entrada El Corte Inglés

Agardámosvos con pancartas, carteis, adhesivos, foulards e octaviñas para visibilizar as nosas reivindicacións.

 

 

 

Detalles

  • Fecha: 8 marzo
  • Hora:
    00:00 - 23:30